Acceso Wi-Fi en espazos públicos
Área temática: Sociedade da información
Zona: Espazos verdes Almáciga, Belvís, Bonaval, Vista Alegre e CSC Trisca e Vite
Acceso wi-fi en espazos de uso público tanto abertos como pechados da zona norte de Santiago.
Obxectivos:
- Acercar á sociedade da información a toda a poboación da zona norte.
- Potenciar a utilización das tecnoloxías de información e comunicación como elemento de integración social, de formación e mellora dos perfís profesionais, de educación e cultura.
- Proporcionar a poboación da zona espazos gratuítos onde realizar trámites co Concello e outras Administracións Públicas.
Orzamento: 37.000 €
Plan de desenvolvemento:Data de inicio: Ano 2010
Data de finalización: Ano 2010
Estado de execución:- Aprobación dos pregos e inicio do expediente de contratación do servizo de acceso wifi en espazos de uso público en distintas zonas de actuación: Xunta de Goberno Local de 30 de marzo de 2010.
- Anuncio no BOP nº 67 de 13 de abril de 2010 á Licitación do servizo de acceso wifi en espazos de uso público en distintas zonas de actuación.
- Adxudicación provisional á empresa COLABORA INGENIEROS SL por importe de 27.871,60 € máis Ive: Xunta de Goberno Local de 15 de xuño de 2010.
- Adxudicación definitiva: Xunta de Goberno Local do 6 de xullo de 2010.
- Sinatura do contrato e inicio da acción: 22 de xullo de 2010.
- A partir do día 5 de novembro de 2010 xa está operativo o servizo wifi nos parques da zona norte e nos Centros Socioculturais da Trisca e Vite.
ACCIÓN FINALIZADA
Galería de fotografías
Listaxe de descargas