INICIATIVA EUROPEA
Socorro García viaxa a Madrid para interesarse polo estado da candidatura do URBANA
[02/04/08] A nacionalista Socorro García, concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica do Concello de Santiago, viaxou a Madrid para reuniuse con responsábeis de fondos europeos do Ministerio de Economía e Facenda para coñecer o estado da candidatura da iniciativa URBANA SANTIAGO NORTE.
Concretamente, a concelleira de Rehabilitación entrevistouse co Director Xeral de Fondos Comunitarios, José Antonio Zamora, que recoñeceu a calidade e valía da proposta compostelana. García Conde tamén puido coñecer que será entre os meses de Maio e Xuño cando finalmente se saiba que cidades van ter aprobadas as súas candidaturas á iniciativa URBANA. No decurso da citada reunión a concelleira nacionalista voltou lembrar que Santiago de Compostela é unha das tres cidades galegas que nunca tiveran recibido fondos URBAN nas dúas convocatorias anteriores.
A orixen da viaxe de Soco García a Madrid foi a súa participación nunhas xornadas centradas nas perspectivas do Estado español e Portugal ao respeito da Política de Cohesión Europea. O evento desenvolvese na Oficina do Parlamento Europeo en Madrid e está organizado desde QeC-ERAN (Quartiers en Crise-European Regeneration Areas Network). O obxectivo deste workshop é realizar unha análise da etapa correspondente co programa URBAN, no mesmo participan cidades como Porto, San Sebastián, Amsterdam, Sevilla, Turín, Valencia ou Barcelona, entre outras.