O proxecto Urbana consiste na posta en marcha dunha estratexia de intervención cun enfoque integrado que facilite o desenvolvemento dos barrios da zona norte de Santiago. Para a aplicación deste enfoque integrado requírese un esforzo de coordinación na posta en marcha e execución das diferentes actuacións que configuran o proxecto.
A dirección estratéxica do proxecto é competencia da Comisión de Dirección e Seguimento, órgano de carácter político presidido polo Alcalde Ángel Currás Fernández e do que forman parte ademais dous concelleiros. Esta Comisión reúnese periódicamente para analizar a situación do proxecto, facer un seguimento das actuacións e tomar decisións relativas á execución das mesmas.
A coordinación técnica das actuación e a posta en marcha das decisión da Comisión de Dirección correspondelle á Oficina Urbana Santiago Norte. Esta oficina traballa cos diferentes departamentos municipais para facilitar a xestión e seguimento das acción do proxecto, e contribuir a unha maior visibilidade e achega de información cara á cidadanía.
A Oficina Urbana Santiago Norte está situada no barrio da Almáciga:
Rúa Betanzos, Nº 55 (Edificio anexo á Escola Municipal de Música)
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981.543.196
Fax: 981.543.195
Finalmente a posta en marcha e xestión de cada unha das actuacións corresponde aos diferentes departamentos municipais en función da natureza de cada actuación. Os departamentos que participan na execución das actuacións do proxecto Urbana son os seguiintes: