Que é o Órgano de Participación
O Órgano de Participación do Proxecto Urbana é un órgano de carácter consultivo, informativo, de formulación de propostas e suxestións, de debate e asesor, que impulsa e serve de cauce á participación cidadá no desenvolvemento do proxecto USN.
As principais funcións deste Órgano de Participación son as seguintes:
- Coordinación formal da iniciativa cidadá en torno a necesidades ou problemas concretos
- O fortalecemento da democracia participativa.
- A dinamización dos procesos de participación cidadá na xestión dos asuntos e desafíos de interese común deste proxecto, servindo de vía para a xeración de propostas de traballo e de respostas aos retos que a realidade poida plantexar ao proxecto e a cada unha das súas accións
- Ser un espazo de información, debate e reflexión en torno a necesidades ou problemas concretos referentes á zona norte de Santiago.
- Servir para o encontro e a coordinación entre a administración local co resto de interlocutores sociais da zona de actuación,
- Realizar un seguimento e avaliación das actuacións previstas no proxecto.
O Órgano de Participación do Proxecto Urbana constituiuse en asemblea o día 26 de marzo de 2010 formada polas entidades representantes dos diferentes axentes económicos e sociais da zona de intervención do proxecto.
O Órgano de Participación Cidadá do Proxecto Urbana ten vontade de permanecer durante o período necesario ata a total execución do proxecto Urbana Santiago Norte.